20 de Xuño de 2012

Vivo nun lugar illado

o meu corazón é o inferno

nel medra un oco, negro , valeiro

amedréntame a posibilidade do egoismo

a vida non encaixa na face da terra.

Penso, non me dou conta do que sucede,

eu, o gran escudriñador dun gran futuro,

con posibilidades de gloria,

o manifestante do desexo de loucura

provocado por un verme corrupto que goberna o meu cerebro

e o come por dentro.

Axeonllome ante un altar de vivos; xente que non ten sentimentos

pero sen embargo xoga cos dos demais.

Non quero…..

Non podo……

Non debo…..

MAIS FAGOO.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.