20 de Xuño de 2012

LEMBRANZA

Lembranza sintoa eu,
e o porque nn o sei. 
Son un pobre emigrante,
dende que de Galiza marxei.

Aqui neste país descoñecido,
miro a lúa,
acordome de vos,
da miña adorable Galiza.

Paso noites e noites esperto,
admirando as estrelas,
pensando en regresar....
seguindo o paso da lúa.

Aqui lémbrome,
nas duras tardes de traballo, 
das tardes no bar do Panel,
xogando as cartas.

Pero o que mais añoro,
si o que mais boto de menos eres ti,
o meu querido galego,
se te tivera aqui...

Aqui nn sei nin que falan,
non me entendo con ninguén,
xa non sei que facer as veces,
sen o galego na boca a ter.

En cambio ai era bonito,
o galego dos meus amores,
as mulleres engaioladas en galego,
as que lle daba a moreas de flores.

Espero que nadie pase,
 polo que eu estou pasando,
galego eu e nosoutros,
GALEGO VOLVE A MIN PRONTO!! 


		

1 comentario

  1. Moi bo poema.

    Comment by Lurb7 — 20 de Xuño de 2012 @ 21:07

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.