20 de Xuño de 2012

Hola, chámome Uxío, son escritor dunha gran variedade poemas  en galego. Comecei nisto cando só tiña 15 anos, escribía pequenas composicións que me saían de dentro, que me facían desafogarme, como se lle contara toda a miña vida e os meus problemas a un amigo, pero sin perigo de que cho foran contando por aí. Nos meus primeiros poemas había de todo: historias de amor (dunha rapaza chamada Ana, ainda me acorda a súa mirada e o seu cabelo longo movendose ao compás do vento), problemas familiares,etc.

O meu profesor de lingua sabía da miña arte e recomendoume que publicara algún para deleitar o mundo coa miña pluma. Decidín facerlle caso e presenteime as  festas minervais; ai foi onde gañei o primeiro premio e comezou todo, libros, libros e máis libros asinados co nome de Uxío; eu non quería isto, eu so quería expresar os meus sentimentos no papel, non que a fama estivera petando na miña porta sen deixarme sequera respirar, abafándome. Foi entón cando tomei a decisión: finxir a miña morte e poder escribir en paz os meus sentimentos e non mercadoría.

………………(10 anos máis tarde )………………….

– Hola Xan- dixo Paco- temos que comezar a pensar no próximo autor ou autora para conmemoralo no día das letras galegas.

– Sí, tes razón, so quedan uns poucos días e ainda queda unha morea de traballo.

– Jajajajajaja- riu Paco- como xa sabía que me ías sair con esas estiven pensando hoxe a noite que sería unha boa idea adicarllas este ano a Uxío Louzán, era moi bo e ademais a min gustaban moitísimo os seus poemas.

– Falas de este que desapareceu e se deu por morto, sí, podería valer eu non teño ningún inconvinte.

– Pois veña xos vin máis rápidos vamos preparar todo que se nos vota o tempo enriba.

-Vou o Vou, nunca entenderei a tua paixón polo traballo- dixo Paco, que ainda quedaba comendo o seu bocadillo de xamón.

……………………( o día das letras galegas en Santiago de Compostela)……………………..

Xa me parecía a min, todo estaba saindo demasiado ben; cando me enterei que me adicaran o día das letras galegas subiume polo corpo enriba unha espiral de medo e orgullo, non sabía que facer,o meu plan fora demasiado lonxe e decidín ir a Santiago para confesar dunha vez por todas como ocorrera todo. Tiña medo ao posible rechazo das persoas aquelas que durante a miña vida como poeta me asfixiaban e non me deixaban vivir, pero tiña que enfrentarme a todo este acontecemento fixome abrir os ollos e darme conta que a miña vida secreta en realidade non era vida.

Irrumpín no festival no medio da lectura dun dos meus poemas favoritos, o de Ana:

ANA

Ana,  a miña adorada ana, 
tanto te qero e te amo, 
non te qero ver casada,
porque senon morro.

Verte con outros mátame,
desfaime por dentro,
como polo san martiño,
selle fai  aun porco.


Ana, non me abandones,
neste camiño sen sentido,
nestes pasos traizoeiros,
Ana, non me abandones.

Ti e máis eu,
eu e mais ti,
duas almas en pena,
q se teñen que xuntar.

Ana, ana, ana,
casate comigo ahora, 
e veras como todos os teus dias seran bos,
ata a tua última sonrisa.

Ana, Ana, Ana....

A xente non daba credo, había caras para todos os gustos: de medo, de abraio, hata me pareceu ver a algún durmindo…

Conteille todo o sucedido a xente; porque decidín finxir a miña morte, como me sentía e porque decidín voltar. O contrario do que eu esperaba o público rompeu en aplausos e en caras de ledicio, incluso o home que estaba durmindo espertou para aplaudir o meu discurso.

Aquí me tedes agora, escribindo de novo, pero non estresadamente, xa non , ¡por fin!, isto era o que eu quería facer saber ao mundo o que eu sentía pero desta vez podendo sentilo, baixo ningunha presión. A verdade e que teño que darlle grazas a todos os meus fans que souperon entenderme e entre todos fixeron que viñera vivir a unha casa dunha aldea chamada Salgueiros onde  me encontro moi a gusto e moi tranquilo, grazas lingua por existir e facerme tan feliz.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.