20 de Xuño de 2012

Todos sabemos que a nosa lingua galega deriva do latín e que devido ao paso dos romanos, dos pobos xermánicos ou dos celtas pola nosa terra deixaron a súa influencia no galego. A histora de Galiza fai que sexamos unha nación única, cunha lingua propia que nos fai sentirnos irmáns. É ben certo que ata fai poucos anos tíñase a Galiza e as cousas galegas como algo baixo, cativo e que a nosa fala padeceu , sufri e foi obxetivo de renegos por parte de fillos dela. Pero isto acabouse , para ledicia de todos a lingua galega comezou a recuperarse e foi gañando uso en moitos ámbitos de uso e estase a facer cada vez máis forte; os galegos loitamos por sermos galegos e estamos a conseguilo, porque a nosa lingua nos da vida, nos fai unha Raza e tamén porque sabemos que se a nosa lingua morre, morre o noso pobo e iso non o  vamos a permitir porque nós somos galegos  e morreremos como galegos.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.