O SAPOCONCHO http://sapoconchos.blogaliza.org Simplemente outro sitio blogaliza.org máis Thu, 21 Jun 2012 14:53:34 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 en galicia só galego http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/21/en-galicia-so-galego/ Thu, 21 Jun 2012 14:48:49 +0000 http://sapoconchos.blogaliza.org/?p=166 Eu vivo aquí, nunca alá

Non abandoarei nunca este lugar.

 

Galicia, dos meus amores

Abandonarte nunca farei

Lingua propia tes 

I nadie cha quitará

Cada un que faga o que queira

Italia, España, Francia…

Abandonade a loita

 

Somos un patria unida

Osos, vacas, animais tamén

 

Galego é o noso idioma

Amámolo coma ningún idioma

Lemos, escribimos, cantamos en galego

Eu, ti, él, nos,…

Galegos e só galego

O noso é o mellor

]]>
POESÍA ACTUAL http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/21/poesia-actual/ Thu, 21 Jun 2012 14:27:16 +0000 http://sapoconchos.blogaliza.org/?p=162 Autora:      Lupe Gómez        

Vida da autora :      Guadalupe Gómez, mais coñecida como Lupe Gómez naceu en Fisteus Curtis, na provincia da Coruña en 1972. Domina varios temas como a  poesía,a narrativa etc. É feminista, crítica literaria, periodista, animadora…  Con trece anos  marchou a  Santiago, donde despois cursaria a carreira de periodismo.

Obra da autora:

 

– Pornografía

-Poesía fea

-Querida Uxía

-Luz e Lupe

– Os teus dedos na miña braga con regra

Poema:

                      Os fulbolistas

                     xa non respiran

                     cando corren

                     porque todo o mundo

                    os mira.

 

Pertence o libro : ” Os teus dedos na miña braga con regra ” publicado en 1999.

Comentario do poema:  

Este porma pertencento o libro Os teus dedos na miña falda con regra, da autora Lupe Gómez. Publicado en plena época dos 90.

 Este poema reflexa  o tratamento actual do exterior das persoas, é dicir, reflexa o pensamento da sociedade. Neste curto poema vese ese tratamento e pon como referencia os futbolistas, persoas moi observadas actualmente e nas que se fixa gran parte da poboación, tanto na súa forma de xogar coma  na súa forma de vestir, pero,  existe moita xente que mira os xogadores polo seu físico, sobre todo as rapazas, e o que os xogadores desean e aparecer o mais guapos posibles. E para iso, como reflexa o poema, os xogadores son capaces a  deixar de repiras cando xogan para que a xente os vexa guapos.

Utiliza unha linguaxe directa, expresando  en poucas palabras o que quere dicir. Un exemplo desto e o poema en eneral.

Este poema é un poema simple, sen adornos literarios de ningún tipo.

No poema aparece un tema social, como é o empleo de futbolistas na súa redacción.

O poema nn é un poema difícil de entender, senn que como todos os autores dos 90, neste poema buscase a liña sensíbledo poeta recordandolle momentos. Para os futboleros recordalle os partidos, as rapazas recordalle os xogadores….

O texto non ten ningunha medida exacta, utiliza o verso libre moi utilizado nesta época. Non ten rima, intenta que pareza unha soa frase, pero tampouco ten símblos de puntuación.

Utiliza pouco recursos, un porque o poema e corto, e ,dous porque non os precisa. Entre os recursos pode aparecer  a perífrases, que abarcaría todo o poema e que se podería resumir en poucas líneas: burlase  da suposta superioridade dos corpos dos futolistas.

En definitiva, o poema e o seu corto tamaño reflexa o que a autora quería,  que era a burla dos futbolistas.

Na miña opinión, é un gran poema, non solo polo seu tamaño senon polo que reflexa. A pesar de ser curto e moi bonito, e  a falta de puntuación, fai que cada un teña que pensar onde tería que ter a pausa o que me parece maravilloso.

 

David Corral González 4ºA

 

]]>
O LOITADOR CAIDO. http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/20/o-loitador-caido/ Wed, 20 Jun 2012 21:05:00 +0000 http://sapoconchos.blogaliza.org/?p=158 Vivo nun lugar illado

o meu corazón é o inferno

nel medra un oco, negro , valeiro

amedréntame a posibilidade do egoismo

a vida non encaixa na face da terra.

Penso, non me dou conta do que sucede,

eu, o gran escudriñador dun gran futuro,

con posibilidades de gloria,

o manifestante do desexo de loucura

provocado por un verme corrupto que goberna o meu cerebro

e o come por dentro.

Axeonllome ante un altar de vivos; xente que non ten sentimentos

pero sen embargo xoga cos dos demais.

Non quero…..

Non podo……

Non debo…..

MAIS FAGOO.

]]>
Modernizarse en galego é posible?? http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/20/modernizarse-en-galego-e-posible/ Wed, 20 Jun 2012 20:48:55 +0000 http://sapoconchos.blogaliza.org/?p=154 – É posible porque o galego é un idioma tan importante coma calquera outro.

-É posible porque nos apoiamos o galego e somo moitos os que o facemos

-Porque o galego é unha lingua de futuro

-Con ela chegaremos a calquera sitio

-É unha lingua viable

-Ten palabras ara calquera profesión

-Non é unha lingua esquecida

-Está moi presente a sociedade galega e arredores

-O galego é especial

 

CO GALEGO TODO É POSIBLE!!!!

 

 

 

 

]]>
http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/20/lembranza/ http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/20/lembranza/#comments Wed, 20 Jun 2012 20:38:44 +0000 http://sapoconchos.blogaliza.org/?p=152 LEMBRANZA

Lembranza sintoa eu,
e o porque nn o sei. 
Son un pobre emigrante,
dende que de Galiza marxei.

Aqui neste país descoñecido,
miro a lúa,
acordome de vos,
da miña adorable Galiza.

Paso noites e noites esperto,
admirando as estrelas,
pensando en regresar....
seguindo o paso da lúa.

Aqui lémbrome,
nas duras tardes de traballo, 
das tardes no bar do Panel,
xogando as cartas.

Pero o que mais añoro,
si o que mais boto de menos eres ti,
o meu querido galego,
se te tivera aqui...

Aqui nn sei nin que falan,
non me entendo con ninguén,
xa non sei que facer as veces,
sen o galego na boca a ter.

En cambio ai era bonito,
o galego dos meus amores,
as mulleres engaioladas en galego,
as que lle daba a moreas de flores.

Espero que nadie pase,
 polo que eu estou pasando,
galego eu e nosoutros,
GALEGO VOLVE A MIN PRONTO!! 


]]>
http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/20/lembranza/feed/ 1
Uxío: unha vida de alegrías http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/20/147/ Wed, 20 Jun 2012 17:23:21 +0000 http://sapoconchos.blogaliza.org/?p=147 Hola, chámome Uxío, son escritor dunha gran variedade poemas  en galego. Comecei nisto cando só tiña 15 anos, escribía pequenas composicións que me saían de dentro, que me facían desafogarme, como se lle contara toda a miña vida e os meus problemas a un amigo, pero sin perigo de que cho foran contando por aí. Nos meus primeiros poemas había de todo: historias de amor (dunha rapaza chamada Ana, ainda me acorda a súa mirada e o seu cabelo longo movendose ao compás do vento), problemas familiares,etc.

O meu profesor de lingua sabía da miña arte e recomendoume que publicara algún para deleitar o mundo coa miña pluma. Decidín facerlle caso e presenteime as  festas minervais; ai foi onde gañei o primeiro premio e comezou todo, libros, libros e máis libros asinados co nome de Uxío; eu non quería isto, eu so quería expresar os meus sentimentos no papel, non que a fama estivera petando na miña porta sen deixarme sequera respirar, abafándome. Foi entón cando tomei a decisión: finxir a miña morte e poder escribir en paz os meus sentimentos e non mercadoría.

………………(10 anos máis tarde )………………….

– Hola Xan- dixo Paco- temos que comezar a pensar no próximo autor ou autora para conmemoralo no día das letras galegas.

– Sí, tes razón, so quedan uns poucos días e ainda queda unha morea de traballo.

– Jajajajajaja- riu Paco- como xa sabía que me ías sair con esas estiven pensando hoxe a noite que sería unha boa idea adicarllas este ano a Uxío Louzán, era moi bo e ademais a min gustaban moitísimo os seus poemas.

– Falas de este que desapareceu e se deu por morto, sí, podería valer eu non teño ningún inconvinte.

– Pois veña xos vin máis rápidos vamos preparar todo que se nos vota o tempo enriba.

-Vou o Vou, nunca entenderei a tua paixón polo traballo- dixo Paco, que ainda quedaba comendo o seu bocadillo de xamón.

……………………( o día das letras galegas en Santiago de Compostela)……………………..

Xa me parecía a min, todo estaba saindo demasiado ben; cando me enterei que me adicaran o día das letras galegas subiume polo corpo enriba unha espiral de medo e orgullo, non sabía que facer,o meu plan fora demasiado lonxe e decidín ir a Santiago para confesar dunha vez por todas como ocorrera todo. Tiña medo ao posible rechazo das persoas aquelas que durante a miña vida como poeta me asfixiaban e non me deixaban vivir, pero tiña que enfrentarme a todo este acontecemento fixome abrir os ollos e darme conta que a miña vida secreta en realidade non era vida.

Irrumpín no festival no medio da lectura dun dos meus poemas favoritos, o de Ana:

ANA

Ana,  a miña adorada ana, 
tanto te qero e te amo, 
non te qero ver casada,
porque senon morro.

Verte con outros mátame,
desfaime por dentro,
como polo san martiño,
selle fai  aun porco.


Ana, non me abandones,
neste camiño sen sentido,
nestes pasos traizoeiros,
Ana, non me abandones.

Ti e máis eu,
eu e mais ti,
duas almas en pena,
q se teñen que xuntar.

Ana, ana, ana,
casate comigo ahora, 
e veras como todos os teus dias seran bos,
ata a tua última sonrisa.

Ana, Ana, Ana....

A xente non daba credo, había caras para todos os gustos: de medo, de abraio, hata me pareceu ver a algún durmindo…

Conteille todo o sucedido a xente; porque decidín finxir a miña morte, como me sentía e porque decidín voltar. O contrario do que eu esperaba o público rompeu en aplausos e en caras de ledicio, incluso o home que estaba durmindo espertou para aplaudir o meu discurso.

Aquí me tedes agora, escribindo de novo, pero non estresadamente, xa non , ¡por fin!, isto era o que eu quería facer saber ao mundo o que eu sentía pero desta vez podendo sentilo, baixo ningunha presión. A verdade e que teño que darlle grazas a todos os meus fans que souperon entenderme e entre todos fixeron que viñera vivir a unha casa dunha aldea chamada Salgueiros onde  me encontro moi a gusto e moi tranquilo, grazas lingua por existir e facerme tan feliz.

]]>
“son galego, a moita honra”. http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/20/son-galego-a-moita-honra/ Wed, 20 Jun 2012 16:45:58 +0000 http://sapoconchos.blogaliza.org/?p=145 Todos sabemos que a nosa lingua galega deriva do latín e que devido ao paso dos romanos, dos pobos xermánicos ou dos celtas pola nosa terra deixaron a súa influencia no galego. A histora de Galiza fai que sexamos unha nación única, cunha lingua propia que nos fai sentirnos irmáns. É ben certo que ata fai poucos anos tíñase a Galiza e as cousas galegas como algo baixo, cativo e que a nosa fala padeceu , sufri e foi obxetivo de renegos por parte de fillos dela. Pero isto acabouse , para ledicia de todos a lingua galega comezou a recuperarse e foi gañando uso en moitos ámbitos de uso e estase a facer cada vez máis forte; os galegos loitamos por sermos galegos e estamos a conseguilo, porque a nosa lingua nos da vida, nos fai unha Raza e tamén porque sabemos que se a nosa lingua morre, morre o noso pobo e iso non o  vamos a permitir porque nós somos galegos  e morreremos como galegos.

]]>
ENTREVISTA A ESCRITORES GALEGOS,LOITADORES DA DEFENSA DA SÚA FALA. http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/18/entrevista-a-escritores-galegosloitadores-da-defensa-da-sua-fala/ Mon, 18 Jun 2012 21:57:51 +0000 http://sapoconchos.blogaliza.org/?p=143 Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova,1912. Con tan só 20 anos organizou as Mocidades Galeguistas de Celanova; foi movilizado na guerra civil polo bando franquista e estudiou  Dereito. No ano 1966 emigrou a Venezuela e alí fundou o Patronato da Cultura Galega.Finou en Vigo no ano 197

 

http://www.youtube.com/watch?v=ZnUC-71yvng

NeiraVilas é un narrador, ensaista,periodista e poeta moi coñecido e moi querido na nosa comarca, naceu en Gres no ano 1928; emigrou a Buenos Aires en 1949 pero sempre estivo en contacto con Galiza nos centros da colectividade galega emigrante. Voltou a Galiz no ano 1994 para quedarse a vivir en Gres donde dirixe a Fundación Xosé Neira Vilas.

http://www.youtube.com/watch?v=dmLRyfq_LwA

]]>
O COLECTIVO RONSELTZ http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/18/o-colectivo-ronseltz/ Mon, 18 Jun 2012 21:21:26 +0000 http://sapoconchos.blogaliza.org/?p=141 Aínda se lles lembra. Algúns dos seus versos circulan aínda de bar en bar, de blog en blog. Idolatrados, reivindicados coma os rebeldes da nosa poesía, son, no entanto pouco coñecidos como grupo. Hai vinte anos Ronseltz botaba a andar na Coruña como un grupo de universitarios cunha visión pouco seria do panorama cultural do país. A poesía,o humor e a irreverencia foron as súas armas. Hoxe, despois de desaparecidos, continúan a dar guerra desde a tumba.

Estamos en 1985, na Coruña. Uns cantos estudantes de Filoloxía residentes no Colexio Universitario da Coruña, habituais do bar Borrazás, arranxan como tantos outros o mundo e o panorama cultural galego en improvisados debates a pé de mesa. Pero acontece que cinco deles, sexa porque están máis encabuxados que o resto, sexa porque teñen máis que dicir, dan un paso adiante, únense e prepáranse para publicar unha revista poética en fotocopias. Son Xabier Cordal, Manolo Cortés, Serxio Iglesias, Miguel Montes (Miki Nervio) e Xoán Carlos Rodríguez. “Bobada tras bobada as persoas con sentido común van deixando de ir ás reunións e queda o núcleo. Ronseltz, un nome que nace nunha desas tardes de outono, non me acordo en que rolda de cervexas”, rememora Cordal ese nacemento. “Só pretendía ser un xogo de palabras de dubidoso gusto. Probamos o cóctel, ron con sifón, no primeiro recital”. Efectivamente, o nome, ademais de a tan curioso combinado, facía referencia directa a “Ronsel”, histórica revista poética da vangarda galega dos anos vinte, homónima para máis dunha colección lírica que daquela editaba Galaxia. Ao principio só sabiamos que había que montar unha revista. Despois foi xurdindo algo que non é fácil de explicar porque tampouco estaba premeditado”, lembra Cordal, a coincidir coas lembranzas de Manolo Cortés: “No lugar de manexar nós a revista e o proxecto, aquilo manexounos a nós”.

Rachar con todo
Con tan excelsos orixes, non nos debe estrañar o sentido que rapidamente colleu a carreira do grupo. “O primeiro recital marcou a liña”, lembra Cordal. “Sen sabelo de todo xurdiu a parodia daquilo que non queríamos ser en absoluto”. Segundo explica Chus Nogueira, crítica literaria, “a Ronseltz caracterizouno para min a ironía e a desacralización, o xeito de ler os clásicos sen prexuízos, algo que ás veces resultaba ferinte ou provocador. Foi un xeito de baixar a poesía dos altares”, completa. Nese sentido, os membros do grupo coinciden en sinalar o contexto poético do momento como un detonante da iniciativa. “Xurdiu como xorden estas cousas, como un xeito de contestación e protesta. Estábamos nun ambiente universitario nunha cidade onde proliferaban os poetas e os recitais. E con dezaoito e dezanove anos que tíñamos daquela, o que che pasa pola cabeza é facer algo diferente”, lembra Manolo Cortés. Segundo Cordal “producíanos moito aburrimento o panorama poético coruñés e galego deses anos”, e Miki Nervio apunta que “era unha época en que todo estaba bastante anquilosado e os recitais tiñan unha liña moi aburrida. Era achegarse a un local para escoitar xente largando unha leria poética cando ao mellor a xente non se decataba de nada e era máis pose do que outra cousa”, sinala. “Estábamos cansos de toda esta historia, que chamábamos `cultura do sobaco´, os intelectuais que paseaban cos folios debaixo do brazo a ollar o teito”. Xoán Carlos Rodríguez, pola súa banda, lembra que “foi unha época de dureza na resposta ao que había. Estábamos contra o que xa estaba alí e o mundo que nos tocaba vivir”.

Recitais
Fronte a aquilo, o grupo lanzou unha proposta decididamente iconoclasta, onde a parodia dos xéneros e dos autores máis consagrados eran unha constante, e o humor e a irreverencia armas fundamentais. “Lembro un dos primeiros recitais no Colexio Universitario”, sinala Miki Nervio. “En vez de recitar, entramos e puxémonos a tirar dados cun gobelete sen dicir nada. O sitio estaba abarrotado, e logo dun cuarto de hora así, a xente empezou a escachar de risa, foi un momento moi bonito”. Como se pode ver, as vangardas poéticas foron unha influencia destacada no grupo. “Non inventábamos nada, xa o fixeran os dadaístas en Europa nos comezos do século”, apunta Cordal, “o discurso de `Ronseltz, grupo de vangarda´ e tal era irónico”. Os recitais foron, desde aquel 1985, o grande cabalo de batalla do grupo, que se deu a coñecer por todo o país con este medio. “En todos había unha grade dose de improvisación, cada un tiraba por onde máis lle ía a inspiración. Había momentos en que parecía que Miki era quen tiña máis esplendor e noutros Cordal atacaba coa súa ironía demoledora. Éramos todos diferentes e nada convencionais”, rememora Serxio Iglesias.

Revulsivos
Ameazar ao Uxío Novoneyra de “Os eidos” con lle facer a parcelaria na paisaxe do Courel, recuperar actualizado un dos pictogramas de Manuel Antonio, onde a Ría de Arousa aparece como un escenario de narcotráfico con praias ateigadas e non moi limpas, xogar coas cantigas medievais, como a coñecida “Ondas do mar de Vigo/ se vistes meu amigo:/ que marchei”… As propostas foron do máis variadas. “No colexio universitario fixéronse unha serie de recitais onde nos íamos embebedando segundo avanzaban, e o recital finalizaba cando marchaba a xente”, lembra Manolo Cortés. “Fernán Vello apuntara na época que éramos máis happening do que poesía e, a verdade, e visto con tempo, penso que acertou plenamente”, completa.

Influencias
“Daquela tivemos moi pouco apoio da crítica, non gustou en certas esferas. Pero si tivo éxito por institutos do país e fóra, o achegamento co público era bo”, lembra Serxio Iglesias. “Non estaba en nós reivindicar nada, o uso do idioma falaba e segue falando en moitos aspectos por si só. Alén da cuestión normativa, a nosa tradición era a lingua oral, a da casa, a da rúa, un modelo urbano e vivo, e con ela o que nos chegara nese mesmo contexto: Andrés Dobarro, Pucho Boedo, Ana Kiro, Suso Vaamonde… Nos bares da Coruña hai moito xenio anónimo, que fala con voz de coñac e cospe de lado, que peta na barra e asegura: `cho digo eu, neno!´. Esa era a nosa tradición”, declara Cordal. Canda ás barras dos bares, a lista de influencias é longa. “Líamos Manuel Antonio, por suposto, e a Francisco Ibáñez”, completa Cordal. “Cada un tiña os seus gustos, e desta lista varios membros de Ronseltz abxurarían inmediatamente”, recoñece. En efecto, existen matices sobre as fontes do grupo. “Hai xente con reministencias da literatura galega, sobre todo Cordal. Eu lía máis ben narrativa americana máis do que poesía, e influíame moito o blues e a música. Toda a cultura musical, tamén anglosaxona incorporouse no tema da posta en escena dos recitais”, apunta Nervio. “Unha boa definición é que Ronseltz conxugaba Eric Clapton con Avelino Cachafeiro”, sentencia Xoán Carlos.

E máis influencias
Do mesmo xeito que diferentes críticos despois, algún dos membros reivindica a herdanza do grupo poético Rompente, que poucos anos antes de xurdir Ronseltz deixara de existir. “Non éramos pioneiros, antes de nós estaba Rompente. Penso que lle demos un toque diferente, tamén porque xa coñecíamos o que fixeran”, recoñece Miki Nervio. Con el coincide, por exemplo, Serxio Iglesias: “Rompente tivera unha grande influencia. Eles apuntaban, con máis calidade literaria do que nós, esas vías de escape como moi necesarias, xogar un pouco a rachar os mitos”. Pola súa banda Manolo Cortés achega un punto desmitificador sobre o propio grupo no que tamén concordan en boa medida os seus compañeiros: “Isto soa moi idílico e moi teórico, pero na realidade foi todo froito dunha inconsciencia. Ninguén tiña realmente claro o que pasaba nin pensaba que alguén nos podería chamar vinte anos despois para facer unha reportaxe, ou que saíríamos nos libros de texto”.

Transcendencia
De feito, no grupo tiñan a broma de que querían chegar a saír nos catecismos, alén de nos manuais escolares. Se ben aínda non chegaron ao primeiro, é certo que na actualidade Ronseltz aparece mencionado nos temarios de instituto. Encol da transcendencia que acadou o colectivo, Iglesias salienta que “cumpriu unha función necesaria, quizais cun ton frívolo que puido ter que ver con excesos de xuventude, pero tivemos certa lucidez para achegar un momentiño crítico dentro dun panorama moi uniforme, daquela literatura de postín”. Pola súa banda, Nervio apunta que “foi un momento necesario, quizais fixese falla un movemento semellante hoxe, a literatura acaba indo sempre aos canons e só de cando en cando saen pequenos elos da cadea”. Cordal, pola súa banda, ten a sensación de que “público dos recitais á parte, foi mellor comprendido nos últimos dez anos do que nos oitenta. Cheira a reseso que parte da crítica siga identificando poesía dos oitenta con neodecadentismo e a nós nos metan con xente que veu despois, Ronseltz é poesía dos oitenta”. Sobre esta aposta conseguiu mudar algo o panorama, Cordal teno claro: “Agora todo o mundo é riquiño, ninguén vai de poeta solemne, non sendo que aspire a traballar no Instituto Cervantes.

]]>
GALICIA SEMPRE DE PRIMEIRA!!! http://sapoconchos.blogaliza.org/2012/06/12/galicia-sempre-de-primeira-2/ Tue, 12 Jun 2012 15:22:52 +0000 http://sapoconchos.blogaliza.org/?p=138 http://www.youtube.com/watch?v=ELmf141ur9Y

]]>