12 de Xuño de 2012

http://www.youtube.com/watch?v=gI1o2Hhme-Y&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=eVSAqImCXVg&feature=related

23 de Abril de 2012

Fai moitos anos, un rei galego, con asentamento na actual cidade da Coruña mandou construir unha torre; unha torre moi alta e ergueita, coa que poder avisar mediante luces a mercantes  fenicios cos que poder comerciar.

Unha tarde, o fillo de Breogán, Ith, decidiu subirse ó faro para poder divisar o orizonte. Ith miraba fixamente para o mar e observaba a morea de barcos que arribaban as costas de Galicia, pero nun momento pareceulle divisar entre a névoa, un anaco de terra. O desexo da saber que habería naquel lugar ata aquela inexplorado empurrouno a aventura.

Pediulle consentimento ó seu pai para poder facer esta expedición que él tanto desexaba. Nun principio seu pai non lle deixou, polo medo a que lle pasara algo; pero Ith convenceuno dicindolle que alí podería haber pedras preicosas ou metal para fabricar armas, entón seu pai deixoulle ir.

E así foi, os celtas chegaron a Irlanda dende Galiza e é por iso polo que compartimos certas palabras celtas da nosa lingua cos Irlandeses, como  por exemplo: bran que era un nome moi comunmente usado en Galiza para nomes de montañas e ríos en Irlanda usase como nomes de persoas ou tamén godallo que en Galiza é macho cabrío en Irnlandes dise godhar.

Tamén é por iso polo que  compartimos outras cousas como a cultura: o uso da gaita, e a existencia dos castros.

Esta é a lenda do rei celta Breogán, nunca sabremos se en realidade foi verdade ou non, nin se esa torre ainda se conserva, (torre de Hercules), ou se xa foi destruida. Isto é algo que quedará dando voltas na nosa mente para sempre.

 

 

16 de Abril de 2012

A Mesa ademais conta con unha tenda na que se pode mercar unha serie de artigos que teñen que ver co galego, hai chapas e tamén camisolas, tamén podes encontrar a venta libros. Ten artigo a moi bo prezo e con logos bastantes interesantes e orixinais nas camisolas e nas chapas, ex: ” Eu love galego, Busca o teu punto Galego, Fala Galego…” entre outras.

 

A páxina web de mesa ten unha sección de noticias de actualidade moi completa e totalmente informativa, nela podemos encontrar algunhas noticias moi interesantes, as que me chamaron a atención a min:

  • Folga estudiantil no ensino medio o 19 de abril para “parar os ataques contra o galego”.
  • A TVG leva 112 días sen cubrir ningunha información sobre A Mesa nin sobre Queremos Galego, e ademais aumentou a publicación de publicidade en castelán.
  • Evento no Facebook para a manifestación do Día das Letras.
  • A Mesa denuncia en Vigo dous casos de discriminación contra galegofalentes na sanidade e na xustiza.
  • Correlingua 2012: Galego, todo o que buscas.

Louzán: Probablemente, do alcume “louzán”, belo, soberbio, luxurioso, vital.

Camaño: En galego mediaval significaba “grande”, así que pode proceder dun alcume.

Míguez: Derivado do  patromínico Miguel.

Portela: De moitos nomes de poboación. Como nome común “paso elevado entre as montañas”.

Sarmento: Dun alcume que remite a sarmento “ramallo da viña, especialmente cando é podado” e pode referirse a alguén magro e retorto. Na nosa cultura contamos con un gran autor e erudito galego con este apelido, Frei Martín Sarmento.

 

Nela podemos atopar información e videos de temas moi coñecidos de grupos como:

  1.         Herdeiros da crus: Tiveron fama xa co lanzamento do seu primeiro disco, A cuadrilla de Pepa a Loba, no que fan unha fusión do rock anglosaxón cun falar típico dos seareiros. Despois de se separaren en 2005 xúntanse de novo para dar un concerto en Ordes diante de 3500 persoas.
  2.         Ruxe Ruxe: A súa música e rock en galego que fala de Galiza e que mesmo soa coma ela en ocasións. Publicaron albums como Ruxe-ruxe, non temos medo, fervendo, etc.
  3.         Dios ke te crew: Nado en Ordes, teñen ritmos potentes . Fixeron a súa estrea con Xénese. Un dos seus principais vocalistas e García. Cultivan o xénero do hip-hop.
  4.         A roda: grupo de folg que naceu en Vigo nos primeiros anos da democracia, levan 30 anos actuando dende aquelas. Teñen canciósn moi coñecidas e relacionadas con temas culturais e populares das festas de Galiza, como por exemplo O galo de curral de VIla de Cruces.
  5.          Mercedes Peón: Cantante e gaiteira de música folk, ainda que tamén mestura outros xéneros coma o jazz, é moi coñecida polas súas actuacións no programa Luar e pola colaboración en grupos coma os Diplomáticos. no 2010 sacou o seu último disco: S.O.S.

Produceuse unha manifestación o 2 de abril de 2012 para a oficialización do eusquera. Apareceron 7000 persoas.  Defenden o eusquera, o dereito a vivir no País Vasco e falar o eusquera.

Esta manifestación prodúcese porque os estudantes e moita máis xente pensan que se está á atacar á lingua galega, minorizando o seu uso na importancia das clases. Actualmente cres que o uso do galego no ensino é inferior ao 20% na maioría dos centros.

11 de Marzo de 2012

http://www.youtube.com/watch?v=Adzywe9xeIU

1ª comentario 

 É incrible o poder máxico que ten sore nós un libro, con só abrir as súas páxinas e deixarte levar pola historia que contén dentro xa podes se unha infinidade de personaxes nunha chea de épocas diferentes.
Un libro pode despertar en tí moitos sentimentos, alegría,emoción, etc. Tamén pode lograr cambiar o teu esado de ánimo: alegrarte cando estés triste ou incluso servirche como un amigo e facerche compañía cado te sintas só ou non teñas con quen pasalo tempo. Basta só con saber elixilo. Hai libros de temas diversos e dependendo dos gustos de cada un cabe elixir un ou outro; eso sí, o libro que non te divirta ou non desperte en ti interés gárdao e coidao ben porque sempre pode haber outro ao que lle guste.
Os ibros son tan máxicos que a historia que che transmiten pode acompañarte toda a vida e facer que non a olvides xamais. Grazas aos libros coñecemos a historia, coñecemos os números, coñecemos a ciencia, grazas ós libros aprendín todo o que sei. Grazas libros.

 

« Older PostsNewer Posts »