15 de Marzo de 2012

Galiza xunto con Cataluña e País Vasco é considerada nacionalidade histórica. O seu Estatuto de Autonomía foi aprobado por lei orgánica 1/1981 do 6 de abril.

Este estatuto defende no seu artigo 5 que a lingua propia de Galiza é o galego e que os poderes públicos de Galiza potenciarán a utilización  do galego en todos as ordes da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.  Tamén os poderes públicos de Galiza adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón da lingua.

O galego, coma lingua propia de Galiza, é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, os cidadáns temos dereito ó uso do galego oralmente e por escrito nas nosas relacións coa administración pública.

Se isto non sucedera o galego non estaría dotado da importancia que ten hoxe, polo menos políticamente e xurídicamente.  O estatuto fixo do galego unha lingua de estudo obligatorio nas escolas e institutos e por iso, non no meu caso xa que vivo nun lugar onde o galego é o principal medio de comunicación, pero si no de outros rapaces pódeos condicionar moito no futuro para seguir utilizando esta lingua e convertila na primeira lingua que utilicen en todos os ámbitos posibles.

 

 

 

7 de Marzo de 2012

Este ano dedícaselle a un dos maiores escritores de galicia.

Foi tamén un gran desenvolvedor  da cultura e política galegas, formou parte das Mocidades Galeguistas, e durante a guerra civil estivo condenado a morte. Aparte disto contribuiu na colección de poesía Benito Soto e na fundación da Unión do pobo galego.

Entre as súas obras destacan algunhas con temática socialrealista ( Longa noite de pedra). Estas obras conteñen críticas cara o imperialismo, racismo e explotación e actitudes de apoio cara as clases sociais marxinadas e mais pobres.

Outras das súas obras son de caracter intimista ( O soño sulagado) aquí fala de temas como a soidade e preocupacións existencias como paso do tempo…

A principal característica deste gran poeta noso e a sátira burlesca, empregada sobre todo nas obras Viaxe ao país dos ananos Cantigas de escarnio e maldecir. Ambas publicadas baixo psudónimos.

Este é o ano deste gran poeta xa que fai 100 anos do seu nacemento, debemos aproveitar este ano para facerlle homenaxe e aproveitar para ler algunha obra del, xa que foi unhas da persoas que enriqueceu dunha forma impresionante a nosa cultura galega.

Poema Irmaus de Celso Emilio Ferreiro

http://www.youtube.com/watch?v=EBFZxhCjgyo

 


16 de Febreiro de 2012

Os carnavales en Galicia son uns dos mais famosos do país. En Galicia destacan varios lugares onde se celebra esta festa:

Xinzo de Limia:

http://www.youtube.com/watch?v=c03jMhXH9W8

Laza:

http://www.youtube.com/watch?v=gdRlPKd8jX4

Pero non só os lugares os que destacan en galicia senón que tamén destaca unha figura  típicamente galega:

Os peliqueiros:

http://www.youtube.com/watch?v=y4SuRf67uss

 

23 de Xaneiro de 2012

A QUEIMADA GALEGA

http://www.youtube.com/watch?v=cmV39XLoPPM

AS GAITAS GALEGAS

http://www.youtube.com/watch?v=hmXAB9rvFWE

O POLBO GALEGO

video de como preparar o polbo galego

http://www.youtube.com/watch?v=mczUJ-4qNfM&feature=related

COCIDO GALEGO

video de como preparar un bo cocido galego

http://www.youtube.com/watch?v=X3Tl3Axu19A