15 de Marzo de 2012

Galiza xunto con Cataluña e País Vasco é considerada nacionalidade histórica. O seu Estatuto de Autonomía foi aprobado por lei orgánica 1/1981 do 6 de abril.

Este estatuto defende no seu artigo 5 que a lingua propia de Galiza é o galego e que os poderes públicos de Galiza potenciarán a utilización  do galego en todos as ordes da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.  Tamén os poderes públicos de Galiza adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón da lingua.

O galego, coma lingua propia de Galiza, é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, os cidadáns temos dereito ó uso do galego oralmente e por escrito nas nosas relacións coa administración pública.

Se isto non sucedera o galego non estaría dotado da importancia que ten hoxe, polo menos políticamente e xurídicamente.  O estatuto fixo do galego unha lingua de estudo obligatorio nas escolas e institutos e por iso, non no meu caso xa que vivo nun lugar onde o galego é o principal medio de comunicación, pero si no de outros rapaces pódeos condicionar moito no futuro para seguir utilizando esta lingua e convertila na primeira lingua que utilicen en todos os ámbitos posibles.

 

 

 

11 de Marzo de 2012

http://www.youtube.com/watch?v=Adzywe9xeIU

1ª comentario 

 É incrible o poder máxico que ten sore nós un libro, con só abrir as súas páxinas e deixarte levar pola historia que contén dentro xa podes se unha infinidade de personaxes nunha chea de épocas diferentes.
Un libro pode despertar en tí moitos sentimentos, alegría,emoción, etc. Tamén pode lograr cambiar o teu esado de ánimo: alegrarte cando estés triste ou incluso servirche como un amigo e facerche compañía cado te sintas só ou non teñas con quen pasalo tempo. Basta só con saber elixilo. Hai libros de temas diversos e dependendo dos gustos de cada un cabe elixir un ou outro; eso sí, o libro que non te divirta ou non desperte en ti interés gárdao e coidao ben porque sempre pode haber outro ao que lle guste.
Os ibros son tan máxicos que a historia que che transmiten pode acompañarte toda a vida e facer que non a olvides xamais. Grazas aos libros coñecemos a historia, coñecemos os números, coñecemos a ciencia, grazas ós libros aprendín todo o que sei. Grazas libros.

 

7 de Marzo de 2012

Este ano dedícaselle a un dos maiores escritores de galicia.

Foi tamén un gran desenvolvedor  da cultura e política galegas, formou parte das Mocidades Galeguistas, e durante a guerra civil estivo condenado a morte. Aparte disto contribuiu na colección de poesía Benito Soto e na fundación da Unión do pobo galego.

Entre as súas obras destacan algunhas con temática socialrealista ( Longa noite de pedra). Estas obras conteñen críticas cara o imperialismo, racismo e explotación e actitudes de apoio cara as clases sociais marxinadas e mais pobres.

Outras das súas obras son de caracter intimista ( O soño sulagado) aquí fala de temas como a soidade e preocupacións existencias como paso do tempo…

A principal característica deste gran poeta noso e a sátira burlesca, empregada sobre todo nas obras Viaxe ao país dos ananos Cantigas de escarnio e maldecir. Ambas publicadas baixo psudónimos.

Este é o ano deste gran poeta xa que fai 100 anos do seu nacemento, debemos aproveitar este ano para facerlle homenaxe e aproveitar para ler algunha obra del, xa que foi unhas da persoas que enriqueceu dunha forma impresionante a nosa cultura galega.

Poema Irmaus de Celso Emilio Ferreiro

http://www.youtube.com/watch?v=EBFZxhCjgyo