26 de Febreiro de 2012

Unhas das noticias  que máis nos sorprendeu  nos últimos días foi a manifestación que tivo lugar no instituto Lluís Vives de Valencia as 18:30 e que  protestaba contra os recortes educativos e a actuación policial, baixo o lema “som el poble, no l´enemic”(somos o pobo non o inimigo)e erguendo os libros como forma de protesta. Mentres  estas manifestacións se produxeron  os estudantes estiveron rodeados continuamente de tres furgóns de policía e tamén dun helicóptero. Xa hay detidas máis de 40 persoas.
Isto e que contan os medios de comunicacións e o que atoparas se fas unha búsqueda no google.
Está claro que nun pais civilizado como e o noso non pode haber revoltas nin moito menos conflictos, pero non e motivo como para  convocar unha mobilización policial cando so hai  unha pequena manifestación contra algo que é normal que nos pareza inxusto, as manifestacións son o único medio que temos os cidadáns de a pe para facernos oir e para facer notar que estamos ai e que todo o mundo sepa contra o que estamos en contra nunha sociedade se supón é democrática. Pero claro, so hai que poñer a televisión e votar unha pequena ollada e ver que xa nin sequera se permite a liberdade de expresión, como te votes a rúa e digas algo que a certas persoas lles pareza que lles vai perxudicar xa poñen a todo un control policial a vixiarte e incluso a ameazarte con unha  porra na man ( temos sorte se so é unha ameaza).
Pero, porque nos impiden que protestemos contra algo que é obvio que nos prexudica a todos os  estudantes e profesores? Acaso eles non impuxeron os recortes sen consultarlle o pobo se estabamos de acordo ou non, entón eu penso que é do máis normal que haxa unhas protestas manifestando o noso descontento e as nosas opinións sobre o tema.
Hai unha serie de motivos polos que as manifestacións deberían estar ben vistas por todas as persoas:
1.    É  un dos poucos medios de expresión cos que o pobo conta para expoñer as  súas ideas.
2.    É un medio tamén para reunir a un colectivo e debatir sobre un tema no que están todos de acordo.
3.    É unha das poucas formas que o pobo ten para facer forza contra unha lei ou unha imposición e lle fagan caso.
Pero tamén esta manifestación tivo a súa parte positiva, nós demostramos que  ó contrario que “certas persoas” non necesitamos empregar a forza para facer ou  protestar contra algo, a nosa principal arma son os libros e con ela bástanos e chéganos para facer o que queiramos coa nosa vida. Tamén nos demostra que imos polo bo camiño por que se se preocupan tanto en evitar que expoñamos a nosa opinión será porque teñen medo de que  o noso argumento sexa convincente que o deles e que o final acabemos gañando.

Carlos Louzao Pereiro

16 de Febreiro de 2012

Os carnavales en Galicia son uns dos mais famosos do país. En Galicia destacan varios lugares onde se celebra esta festa:

Xinzo de Limia:

http://www.youtube.com/watch?v=c03jMhXH9W8

Laza:

http://www.youtube.com/watch?v=gdRlPKd8jX4

Pero non só os lugares os que destacan en galicia senón que tamén destaca unha figura  típicamente galega:

Os peliqueiros:

http://www.youtube.com/watch?v=y4SuRf67uss

 

2 de Febreiro de 2012

Nome que recibe tanto o Val de Arán como a sua lingua. Esta situada o norte de cataluña. Esta considerada unha lingua en perigo de estinción . Pouco mais da metade da poboación do Val de Arán fala aranés , un número moi reducido para que a lingua persista. Inda que cerca do 90 % da poboacion do Val de Aran a entenda non é suficiente.

No 2006 saiu a luz unha gramática aranesa.

No 2007 foi publicado o diccionario  Aranés-Inglés/Inglés-Aranés para intentar fomentar o uso desta lingua.

http://vimeo.com/4493608